spacer
Igrexa parroquial de Barbeiros

Igrexa de planta en forma de "T" sancristía pegada na súa fachada sur, con estrutura de muros de cachotaría, salvo os esquinais que son de cadeirado, recebos con morteiro de cemento e pintados de cor clara. Fachada principal de cantería pegada ao oeste, onde destaca unha porta con arco de medio punto integrado por dovelas e sobre el Ventá rectangular de iluminación, con senllas cruces aos lados.
Remate espadana estilizada de dous ocos con senllas Campás e remate de estrutura triangular curvilínea, con oco no centro e decorado con Pináculos e sinxela cruz de ferro. Cuberta a dúas augas con rematado de tella curva.
O seu estado de conservación é bo.

 

Localización