spacer
Ermida do Socorro

Fermosa ermida de planta rectangular e estrutura de muros de cachotaría, con cuberta a tres augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira, que avanza sobre a súa fronte para apoiarse nun lado no muro e no outro en senllas columnas, resgardando unha balconada de madeira.
En muros laterais, senllas ventás de iluminación.
O seu estado de conservación é moi bo grazas a un obradoiro de Emprego, que recuperou tanto o inmoble como a carballeira que o rodea.

 

Localización