spacer
Casa Reitoral de Beán

Casa tradicional con estrutura de B+I a partir de muros de cachotaría agás os marcos de portas e ventás, que son de cadeirado.

Cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira e rematado cunha sinxela cheminea. Carpintaría de madeira en verde en planta baixa e de aluminio lacado en branco en planta alta. Pegado á súa fachada posterior, anexo en ladrillo recebo con morteiro de cemento.
O seu estado de conservación é bo, falto dun encintado de todo o conxunto, así como unha reposición das tellas.
 

Localización